Vilanova contará con 160.000 euros para contratar a 10 persoas

Chofer-tractorista, albaneis, limpadores, mantedores de edificios, fontaneiros e guías de turismo serán as profesións contratadas
Luis López, presidente de la Deputación. DS
photo_camera Luis López foi o encargado de anunciar a medida. DS

A Deputación de Pontevedra aprobou novos recursos para a activación do emprego na provincia nos concellos de Vilanova de Arousa e Rodeiro, aos que destinará preto de 280.000 euros para a contratación dun total de 22 persoas.

No concello de Vilanova de Arousa, o orzamento é próximo aos 160.000 euros, o que permitirá á Corporación municipal formalizar a contratación de dez persoas entre chofer-tractorista, albaneis, limpadores, mantedores de edificios, fontaneiros e guías de turismo. Mentres que algúns dos contratos serán de seis meses o resto terán unha duración de dez.