Os usuarios de Con Eles e Clámide suben ao escenario co novo Circo da Diversidade

Teatro, humor e compromiso social danse a man no espectáculo que se representa este martes no Salón García ▶ A entrada é libre e de balde ata completar aforo

Auditorio de Vilagarcía DS
photo_camera A cita terá lugar na noite deste mares no Auditorio de Vilagarcía DS

O Salón García acolle este martes 5 de decembro, unha divertida e interesante proposta cultural. Trátase de O Novo Circo da Diversidade, o espectáculo do taller de teatro Clámide e a asociación Con Eles que, despois do éxito da súa estrea este verán con motivo do Festaclown, volve a representarse na cidade para o deleite de todas as persoas que desexen pasar una entrañable velada de risas. Será a partir das 21.00 horas e a entrada é libre e de balde ata completar aforo.

O Novo Circo da Diversidade é unha montaxe que mestura teatro, comicidade e compromiso social. O espectáculo é froito do Obradoiro de Dramatización e Teatro que, ao abeiro do Apartado Social do Festaclown Vilagarcía, compartiu Fran Rei con diversos usuarios e usuarias da Asociación Con Eles ao longo do primeiro semestre de 2023. Trátase dunha mostra irrefutable de que a cultura pode ser unha poderosa ferramenta para derrubar barreiras e avanzar na inclusión.