Os ritmos rockabillys animarán o Agora Vermú na praza da Liberdade en Carril

Lou Reyes e os Rockin’ Corsarios actuarán a partir das 13.00 horas en Carril
Lou Reyes. DS
photo_camera Lou Reyes. DS

A segunda sesión do Ágora Vermú levará a música esta fin se semana ata Carril, onde os ritmos rápidos e alegres do rockabilly das formación Lou Reyes e os Rockin’ Corsarios animarán á hora do aperitivo a todos os que se acheguen a partir das 13.00 horas á Praza da Liberdade o domingo, 14 de maio.

Lou Reyes leva en activo dende os anos 80, pasando polos mellores escenarios nacionais e da Europa Rochabilly. O potente directo que presenta basease nun repertorio de adaptacións e versións do Rockanroll dos anos 50 marcadas pola forte personalidade a gran presenza e a característica voz do seu cantante. Con textos maiormente en castelán, aínda que con algunhas versións en inglés, a música desta formación fai un percorrido polo Psychobily, o rochabilly e o Rock clásico. Pola súa banda, Os Rockin´ Corsarios son músicos históricos do xénero, recoñecidas caras do Rockanroll galego, que acompañando a LouReyes farán bailar e pasar un bo rato ao público dos seus concertos.