Operarios de Espina traballan para arranxar a rotura dunha arteria do suministro de auga

A avaría produciuse na avenida das Carolinas e deixou sen servizo aos veciños da zona sur de Vilagarcía
Os operarios traballan para resolver a avería. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Os operarios traballan para resolver a avería. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Unha rotura nunha das arterias que subministra auga á zona sur do municipio é a causa da corte do servizo que dende hai horas sofren os veciños da ampla zona que vai dende a Avenida das Carolinas á avenida de Cambados pasando por Rodrigo de Mendoza, Doutor Tourón ou o Piñeiriño. Traballadores de Espina y Delfín traballan dende pouco despois das tres da madrugada sobre o terreo para tratar de arranxar a avaría producida á altura da intersección da rúa A Coca coa avenida das Carolinas.

A maraña de redes de servizos que discorren por riba e en paralelo á tubaxe da auga dificultan o acceso ata o punto da rotura, polo que a apertura da gabia ten que realizarse con moito coidado e de forma case manual para non afectar ás canalizacións do tendido eléctrico, gas ou telecomunicacións. Aínda que o punto exacto no que rebentou o colector está localizado, a reparación aínda levará o seu tempo debido á razón exposta. Dende a concesionaria do servizo pregan desculpas aos usuarios, e aseguran que se tratará de resolver o problema o máis pronto posible.

Máis alá das zonas do sur do municipio que se abastecen directamente desta arteria principal, outros lugares do municipio tamén poden verse afectadas por falta de presión ou de caudal.

Para tratar de reducir o impacto da avaría, procedeuse á apertura da conexión coa rede de abastecemento da Mancomunidade do Salnés para dar servizo á zona de Vilaxoán que, non obstante, tamén pode sufrir flutuacións de presión e caudal en función da demanda que se vaia rexistrando.

Unha vez arranxada a avaría, o servizo irá restablecéndose de forma gradual e por zonas para evitar un pico de presión moi elevado que podería facer saltar a rede noutros puntos.