300 escolares asisten á representación da obra 'Soños' para entender a adolescencia tutelada

Alumnos e alumnas de diferentes colexios e institutos da vila acudiron ao auditorio para desfrutar da representación da directora Tamara Canosa
Actores da obra 'Soños'. DS
photo_camera Reparto da obra 'Soños'. DS

Algo máis de trescentos alumnos e alumnas dos institutos do Carril e Castro Alobre e dos colexios Sagrada Familia e San Francisco asistiron ás 12.00 horas da mañá deste martes no auditorio á representación da obra Soños, unha peza teatral que ten como fin achegarse as realidades da mocidade que medra en vivendas tuteladas. , que se realizou en colaboración e estreito diálogo con rapazada e educadoras da ONG Igaxes, chegou a Vilagarcía para que o alumnado de bacharelato poida coñecer unha realidade que non é tan afastada como pode pensar.

Con Anxo Outumuro, Vicky Pérez e Sara Ferro en escena e ao carón da dirección de Tamara Canosa, Soños vén consolidándose como unha das estreas máis importantes no que ao teatro social en galego se refire. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario.

A obra, colaboración da ONG Igaxes e as produtoras teatrais Culturactiva e Artefeito, busca rematar co estigma que cargan os e as mozas tuteladas. Dende as distintas entidades destacan como a colaboración entre o mundo das artes e do social poden ser a fórmula para mudar realidades.