O PSOE denuncia os anos de demora para aprobar o contrato do servizo de auga e saneamento

O grupo recolleu queixas cidadáns aos que non lle chega o suministro de auga
Ainhoa Fervenza. DS
photo_camera Ainhoa Fervenza. DS

A agrupación socialista de Sanxenxo denuncia os continuos retrasos na aprobación do contrato da auga e saneamento, “o contrato tería que estar feito desde hai xa anos, anos nos que o suministro de auga e o alcantarillado segue sen chegar a moitos veciños e veciñas”.

Os socialistas recolleron numerosas queixas de cidadáns aos que non lle chega o suministro de auga “é unha vergoña que en 2023 aínda haxa casas no Concello ás que non chegue a auga, é unha vergoña que agora, o alcalde de Sanxenxo venda o contrato como se fose un gran logro, cando o contrato debería levar anos xa aprobado”.

A portavoz socialista, Ainhoa Fervenza afirma que “non é coincidencia que xusto agora lle entrara presa a Telmo Martín por empezar a anunciar proxectos, uns proxectos dos que no se
acordou en tres anos e medio que leva de lexislatura. É moita casualidade que a falta de 4 meses para as eleccións municipais intente facer algunha cousa do que tiña prometido na pasada campaña”.

Fervenza recrimina ao alcalde que “non cumpriu nin o 30% do programa no que leva de lexislatura e o que pretende facer agora é o mesmo que fixo na campaña, prometer grandes proxectos que nunca executará, porque ademais da súa falta de interese polos problemas reais da cidadanía, ten o Concello sumido en débedas pola súa terrible xestión”.

Asegura que “a realidade é que os proxectos estrela do alcalde que eran arranxar os camiños e terminar o alcantarillado e o suministro de auga en todos os núcleos de Sanxenxo están sen terminar a falta de poucos meses para rematar a lexislatura, o que demostra unha vez mais a falta de previsión de Telmo Martín, e volve a pasar o de sempre, que osproxectos quedan para a  seguinte lexislatura...”