O Pleno de Sanxenxo despide a Andrea Ucha (BNG), que cede o seu escano

▶ A xa ex edil, que ocupou o posto durante os últimos tres anos, será substituida polo candidato Fran Leiro
O voceiro do BNG, Fran Leiro, no centro da imaxe. ARQUIVO/ JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Andrea Ucha, Fran Leiro e Sandra Fernández. ARQUIVO/ JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A sesión ordinaria do Pleno da Corporación de Sanxenxo celebrada durante a noite deste martes foi a última para a edil do BNG Andrea Ucha, que materializou a súa renuncia en favor do que será o candidato nacionalista para as vindeiras eleccións, Fran Leiro.

Se ben o partido xa abordara  a principios de mes a marcha de Ucha durante unha comparecencia na que se anunciou a candidatura de Leiro e tamén a marcha de Sandra Fernández Agraso por motivos persoais, quen deixará de ser a candidata do BNG, a xa ex edil reiterou durante a sesión plenaria que seguirá formando parte do BNG, e tivo palabras de agarimo co novo edil, Fran Leiro, quen, segundo Ucha, "vaino facer moi ben".

Pola súa banda, Fernández Agraso continuará acompañando a Leiro no seu escano na Corporación municipal ata o final do mandato, e seguirá sendo voceira municipal do BNG ata que se complete a transición de Leiro. Durante a sesión plenaria, a ex candidata quixo agradecer "o traballo e compromiso destes tres anos" nos que tivo a Ucha como compañeira de escano, e asegurou que "isto só é un descanso" e que «de seguro que volverá».