A festa de San Antonio 2023 leva a música e o baile aos centros educativos de Sanxenxo

A festividade contou tamén no seu cartel cun concerto da Banda de Música Municipal de Sanxenxo e unha verbena na Praza do Mar
Actuación de Abiñadoira no CEIP A Florida. DS
photo_camera Actuación de Abiñadoira no CEIP A Florida. DS

A festa de San Antonio 2023 levou, durante a mañá deste martes, a música, o baile e a diversión a varios dos centros educativos do municipio, con diferentes actuacións a cargo da agrupación Abiñadoira, que sorprenderon a toda a comunidade educativa no medio do seu percorrido polo centro de Sanxenxo.

Alumnos, alumnas, mestres e mestres de centros coma o CEIP Plurilingüe A Florida ou a Escola Infantil Municipal O Tombo bailaron ao son da música tradicional, para celebrar a festividade, que tamén contou no seu cartel cun concerto a cargo da Banda de Música Municipal na Praza de Pascual Veiga e unha verbena na Praza do Mar da man de La Ola ADN. Ademais, pola tarde tivo lugar a tradicional procesión e misa cantada a cargo do Coro San Xinés de Padriñán.