Dorrón celebrou a terceira edición da Festa da Orella

Ademáis de gastronomía, os asistentes á cita puideron desfrutar da música de Soalleira e Tío Azabache

A orella con cachelos foi onte a protagonista na parroquia de Dorrón (Sanxenxo), que celebrou a terceira edición da Festa da Orella. A cita gastronómica regresou tras o parón obrigado pola pandemia á explanada exterior da Casa de Cultura. As primeiras tapas comezaron a servirse ás 12.00 horas de este sábado, en sesión de mañá e de tarde. O menú complétase con churrasco, empanada, calamares, chourizos e mexillóns. Tamén houbo bebidas variadas (viño, auga e refrescos) e tarta de mazá.

Non faltou a música. Así, unha actuación de Soalleira inaugurarou a cita e, pola noite, o Trío Azabache encargouse de amenizar a velada. Onte, ao mediodía, Javi Solla tomou o relevo para anima todo o recinto.

Durante os dous días de festa houbo diferentes sorteos sorpresas entre os asistentesá cita gastronómica.