A ampliación do Centro de Saúde de Baltar cada vez máis cerca

▶Julio Comesaña reuniuse con profesionais e co Concello para aclarar as necesidades que o centro demandaba, así como pensar o seu proceso arquitectónico

▶O centro terá unha ampliación de 900 m2 na que se realizarán máis espazos, consultas e salas

Julio Comesaña, José Flores e Telmo Martín durante a visita. GONZALO GARCÍA
photo_camera Julio Comesaña, José Flores e Telmo Martín durante a visita. GONZALO GARCÍA

O Centro de Saúde de Baltar ten pendiente unha ampliación e por iso recibiu, este xoves 24 de agosto, a visita do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e o xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores. Ademais, tamén asistiron representantes e técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, quen se encargará do proceso arquitectónico. 

Antes da visita ao PAC de Baltar, Comesaña resaltou que se fixo unha xuntanza no concello de Sanxenxo coas persoas alí presentes e con profesionais do centro de saúde para saber as necesidades que se demandaban. Así, destacou que "a reunión foi moi produtiva, escoitamos os profesionais nas súas demandas e este ano iniciaremos o proceso de licitación do proxecto arquitectónico". 

A futura ampliación do centro, que será duns 900 m2, xa ten partida presupuestaria nos Presupostos de 2023, "con ata 400 mil euros que temos para esta acción", recalcou o Conselleiro. Na reunión realizada previamente, "estivemos ultimando cos profesionais as necesidades de ampliación do centro e co Concello estivemos vendo o marco normativo urbanístico para facelo", comentou.

Na obra que se ten previsto que se inicie no 2024 intentarase realizar unha ampliación de máis de 8 consultas e "máis espazos para os profesionais. Recuperar algún vestiario tanto para o persoal como para os pacientes, reordenar o espazo do centro de saúde", dixo Comesaña. Ademais, contará coa incorporación de máis profesionais, xa que este ano se incorporou unha nutricionista, e a recuperación de espazos cedidos para os profesionais e "para os profesionais que poidan vir nun futuro". Tamén se terá en conta realizar espazos para que os futuros residentes poidan realizar as súas tarefas, así como, salas de espera e salas de reunións ou coordinacións para os profesionais. 

Julio Comesaña tamén agradeceu o traballo realizado por parte do persoal do centro tanto na reunión como no seu traballo e aclarou que se intentará resolver "cando no verán se traslada o 061, ter un espazo axeitado para albergalos aquí e que o centro non teña que sufrilo".