Nava Castro e Luis López, cofrades de honra da Cofradía do Centolo Larpeiro do Grove

O representante autonómico trasladou os parabéns á entidade presidida por Víctor Otero polas súas tres décadas de promoción e exaltación da centola “que contribúen a facer O Grove, a facer comarca e a construír Galicia”
O acto, este sábado. DS
photo_camera O acto, este sábado. DS

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, foron nomeados este sábado como cofrades de honra da Cofradía do Centolo Larpeiro do Grove co gallo dos actos de celebración do triséximo aniversario desta exaltación gastronómica.

O acto, este sábado. DS
O acto, este sábado. DS

Luis López destacou, na súa intervención no marco deste encontro, o “recoñecemento e prestixio internacional” da centola e dos produtos do mar de Galicia, “que son os mellores do mundo e así hai que dicilo, con rotundidade” e tamén salientou e expresou o seu recoñecemento e admiración “polo labor inxente e sacrificado da xente que traballa no sector do mar e polo esforzo, ánimo de superación e calidade dos cociñeiros da nosa comunidade”.

Finalmente, o representante autonómico trasladou os seus parabéns, en nome do Goberno galego, á Cofradía do Centolo Larpeiro do Grove, presidida por Víctor Otero, polas súas tres décadas de promoción e exaltación constante da centola “que contribúen a facer O Grove, a facer comarca e a construír Galicia”.