Emgrobes promove unha campaña no comercio local para a celebración do Día do Pai

A asociación de empresarios presentou a iniciativa de promoción do comercio do CCa de tendas e para incentivar e premiar as compras no comercio de cercanía
Presentación da campaña do Día do Pai de Emgrobes. DS
photo_camera Presentación da campaña do Día do Pai de Emgrobes. DS

A asociación de empresarios Emgrobes lanza unha nova campaña, neste caso para celebrar o Día do Pai. Tráse dunha acción coa que se pretende promocionanar e dinamizar o consumo na vila, polo que lanza esta campaña exclusiva para os establecementos asociados. 

Nesta ocasión serán os pais os homenaxeados e por iso Emgrobes quere premiar cun sorteo de vales de compras aos clientes do CCa que aproveiten a ocasión para mercar algún agasallo para os seus pais ou realicen compras nos comercios asociados durante a campaña que comeza o dia 4 de marzo e durará ata o vindeiro 19 de marzo. 

O premio ao que aspiran os participantes serán bonos de compra para reinvertir no comercio do CCa de tendas, nesta ocasión cun montante de 600 euros divididos en 10 premios: dous de 100 euros e oito de 50 euros para repartir o premio entre diferentes persoas que logo deberán consumir estes bonos nos comercios participantes.

Para poder participar, deberán encher cos seus datos os boletos que teñen os comercios e depositalos nas urnas. O sorteo levarase a cabo o día 22 de marzo na sede da asociación en Luis Casais, 1 de O Grove.

A idea da asociación será complementar este premio con actividades na rúa para dinamizar e animar as rúas comerciais. Levarase a cabo, sempre que o tempo o permita, o venres día 15 de marzo en Castelao, e haberá música, animadores e pintacaras, para os máis pequenos.