O PP de Meis pide que o Concello non recorra a sentencia da recollida de lixo

Lucio lamenta a  "absoluta falla de autocrítica" de Marta Giraldez ao dicir que todo o proceso estivo ben feito
Fachada del Concello de Meis. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fachada del Concello de Meis. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Partido Popular de Meis rexistrou unha moción para solicitar no pleno que a alcaldesa, Marta Giráldez, desista de recorrer o fallo do xuíz que anulou a modificación do contrato de recollida do lixo, "porque esa decisión supón un gasto a maiores e prexudicará aínda máis aos veciños". Do contrario, a voceira popular, Marta Lucio, esixiralle "que sexa ela quen pague do seu peto o recurso da sentenza".

Lucio lamenta a "absoluta falla de autocrítica" da rexedora, ao dicir que todo o proceso estivo ben feito, "cando ten enriba da mesa unha demoledora sentenza en contra".

Para a concelleira, "é alucinante que diga que facemos o ridículo cando é ela, que é avogada, a que ten unha sentenza que lle di que fixo as cousas moi mal e o peor de todo é que segue obcecada".

Por iso, o PP, tamén propón que sexa a próxima corporación municipal a que decida si o servizo de lixo do Concello debe ser mancomunado ou que sexa municipal.