A Fundación Monte Castrove presenta a VII Semana de Ouro de Albariño

O torneo celebrarase do luns 17 ao domingo 23 de xullo e foi presentado no Campo de Golf de Meis
Presentación do evento no Campo de Golf de Meis. DS
photo_camera Presentación do evento no Campo de Golf de Meis. DS

A Fundación Monte Castrove presentou este mércores a VII Semana de Ouro do Albariño que se celebrará do luns 17 ao domingo 23 de xullo. A presentación desenvolveuse no Campo de Golf de Meis, lugar onde se disputará o torneo.

Durante o acto tomaron a palabra distintos cargos dos arredores, entre eles a alcadesa de Meis, Marta Giráldez, e o alcalde de Cambados, Samuel Lago. Ademais, tamén formaron parte da presentación as distintas adegas colaboradoras.

O luns corresponderá a Mar de Frades, o martes será a quenda de Pazo Señoráns, o terceiro día empregarase o nome da adega Paco y Lola, Terra de Asorei será a encargada do xoves e a adega Martín Códax pechará a fase previa o venres. A gran final será o domingo xa que o sábado será o día de descanso.

A alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, afirmou que o torneo de golf "é un dos máis importantes que se disputan neste campo" e espera que o torneo "teña grandes consecuencias tanto no Concello de Meis como na Comarca do Salnés" xa que atraerá a moitos visitantes.

Pola súa parte, Samuel Lago, alcalde de Cambados, comentou que o torneo "será de grande importancia para a promoción de toda a comarca" e mostrouse encantado de poder colaborar  para "seguir fomentando o deporte e o estilo de vida saudable".

Os organizadores esperan contar con "200 persoas en cada xornada,100 pola mañá e 100 pola tarde" e explican que "o torneo constará con cinco probas onde clasificarán os 60 mellores a gran final do domingo".

Ao longo de todo o torneo confían en que participen "200 persoas diferentes" e agardan repercutir "de maneira moi positiva en toda a zona".