Os 10º Premios Martín Códax da Música apuran a última semana de votacións

O público xeral pode votar ata o domingo 4 de xuño na categoría de Artista Emerxente ►A gala de entrega de premios, o vindeiro 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra

Actuación de Xabier Díaz y Antía Muíño ayer en 'Os Xoves de Códax'. CEDIDAS
photo_camera Actuación de Xabier Díaz y Antía Muíño en 'Os Xoves de Códax'. DS

A relación de proxectos finalistas dos 10º Premios Martín Códax da Música, que se desvelaba o pasado 10 de maio, ofrece unha ampla perspectiva do panorama musical galego na actualidade. O domingo 4 de xuño rematan as votacións abertas aos socios e socias de Músicas ao Vivo e tamén para o público xeral, que pode votar na categoría de Artista Emerxente a través da páxina web dos Premios. Nesta categoría os proxectos finalistas son Fillas de Cassandra, Sergio de Miguel e Lontreira. A gala desta 10ª edición dos Martín Códax celebrarase o 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra, inspirada no mundo do viño; ali coñeceremos todas as propostas premiadas da edición, que concede o seu galardón honorífico a Luz Casal.

Socias e socios de Músicas ao Vivo poden votar ata o 4 de xuño entre os 45 proxectos finalistas nas quince categorías artísticas, tamén entre os nove proxectos finalistas nos tres Premios Organistrum: Salas, Festivais e Comunicación e Difusión Musical. No caso dos artistas seleccionados na categoría de Artista Emerxente, esta votación tamén está aberta ao público xeral. Promovidos por Músicas ao Vivo, os galardóns contan co patrocinio das Bodegas Martín Códax, ademais do apoio do Concello de Pontevedra, Agadic-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.

Proxectos finalistas dos 10º Premios Martín Códax da Música

Blues, Funk e Soul: Udra, Ángeles Dorrío, Apart

Folk: Quico Comesaña + Grupo, Xurxo Fernandes, Abril

Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Ton Risco e Marcos Teira, Madalena Gamalho

Canción de autor/a: Santi Araújo, Su Garrido Pombo, Tomás Porteiro

Músicas urbanas: Sila Lua, Møu, Boyanka Kostova

Orquestras, Grupos e Música de Verbena: Burgas Big Band, Orquestra La Oca Band, Grupo Limón

Metal e heavy: Arrhythmia, Youcanthide, Lost Minnow

Bandas de Música Popular: Banda de Música Cultural de Salceda, Banda de Música Municipal de Silleda, Banda de Música “O Landro” de Viveiro

Música Tradicional: Pandeireteiras Sen Fronteiros, Paraíso Canto, Ailá

Música Infantil: Pakolas, Pillaband, Brais das Hortas

Música Clásica e Contemporánea: Fabio Álvarez, Mario G. Cortizo, Papagena

Electrónica: Carabela, Terrae, Mel

Jazz e Músicas Improvisadas: Lucia Martinez & The Fearless, David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere, Valentín Caamaño

Rock e punk: Moura, Eager Platypus, Wetsocks

Pop e indie: Banda Aldaolado, Blanco Palamera, Momboi

Finalistas Artista Emerxente: Fillas de Cassandra, Sergio de Miguel, Lontreira

FINALISTAS ORGANISTRUM
Salas: Sala Rebullón, Aturuxo, Sala Pub Gatos
Proxectos de Comunicación e Difusión: Cuac FM, O Recanto do Corcovado, Galiciantunes
Festivais: Festival Alternativo Millo Verde, Canteira Fest, Foliada da Fonsagrada