Sheila Patricia: "É moi bonito poder reflexar a nosa realidade cuns premios"

A cantautora e intérprete galega, é a presidenta da asociación representativa dos músicos en Galicia, Músicas ao Vivo. Esta organización é a impulsora dos Premios Martín Códax de Música, que celebran este mércores 7 de xuño a gala de entrega da súa décima edición no Pazo da Cultura. 
Sheila Patricia actuando na Gala de entrega de premios dos Johan Carballeira 2022. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Sheila Patricia actuando na Gala de entrega de premios dos Johan Carballeira 2022. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Cales son as bases da asociación de músicos que presides?
Músicas ao Vivo é unha asociación que naceu no 2008 coa necesidade de representar e unificar as inquietudes do noso sector, o das músicas e os músicos. Con esta organización buscamos defender os nosos dereitos e intereses, dignificar a nosa profesión e sobre todo visibilizar a música de Galicia. Ademais outra das nosas bases é a de fomentar a conciencia social dentro deste sector.

Cal é a orixe e o obxectivo principal dos Premios Martín Códax de Música?
Fai moitos anos, nunha reunión de colegas da profesión, consolidouse a asociación que máis tarde crearía estes premios. Polo tanto, como todo o bo, naceron dunha reunión de amigos. En canto ao obxectivo, en todas as disciplinas a existencia duns premios visibilizan a realidade que vivimos na mesma, neste caso queremos mostrar que existen unha chea de proxectos en Galicia. Temos a profesionais facendo música orixinal en galego, música nosa principalmente, e isto é unha potencialidade que non está reflexada noutros ámbitos, polo que é moi bonito poder reflexar a nosa realidade cuns premios. En definitiva, o noso obxectivo principal é o de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego.

Como foi a evolución dos premios nos seus dez anos? Que proxección desearía que tiveran no futuro?
Ao largo dos anos houbo diferentes cambios de categorías, representación e premios. Os Martín Códax de Música atenden a realidade que vivimos, que afortunadamente evoluciona e é moi cambiante no caso da música, polo que os premios tamén teñen que adaptarse ao que sucede nese momento no sector. Ademais a música inevitablemente ten un factor social e teñe relación co que acontece no mundo e aqui aparece este valor crítico da arte que é marabilloso. Ao final a realidadade de cada época acaba respondendo ao desenvolvemento dos premios en cada ocasión. En canto ao futuro, óxala sean uns premios televisados, difundidos e que podan chegar a todos os ámbitos da sociedade dunha maneira que represente a labor de todos os músicas e músicos de Galicia. Ademais, me gustaría que todos os proxectos musicais que están en activo poidan chegar aos oídos de todos os galegos e galegas, que é un pouco a finalidade principal destes premios.

Como definiría a gala deste ano? Existe algún cambio nas categorias en comparación co 2022?
Considero que será unha gala moi bonita porque é o décimo aniversario e unha décima edición non é calquera cousa, xa son uns premios consolidados. A gala de este ano vai eloxiar o viño para dar ese agradecemento ás bodegas Martín Códax polo seu patrocinio durante estos dez anos. Ademais, este produto está fortemente ligado á música e a nosa cultura en Galicia. As categorias van aparecendo e desapareciendo atendendo a realidade que existe cada ano, nesta edición por exemplo desapareceu a categoría de coros, pero segue a de artista emerxente que nos parece moi importante para visibilizar os novos talentos. As categorías van dende o rock ata o folck e deixan constancia de todas as realidades e estilos que teñen que ver coa música que se fai en Galicia, ao final a música galega vai moito máis alá da música tradicional.