Un vertido de augas fecais obriga a paralizar a actividade no litoral arousán

A rotura tivo lugar á altura de Tragove e, para arranxala, estanse verquendo as aguas fecais á altura de Rego do Alcalde, en Vilanova
Trabajos de reparación de la fuga. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Trabajos de reparación de la fuga. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Ao longo desta mañá produciuse a rotura do emisario de augas fecais que discorre entre Vilanova de Arousa e Cambados. A fractura tivo lugar á altura de Tragove. Para arranxala, estanse verquendo as augas fecais á altura de Rego do Alcale, en VIlanova, e prevese o seu espallamento pola zona costeira de Corvillón.

Dende o BNG afirman que levan tempo "insistindo na necesidade de que se arranxase este emisario, ante as carencias de mantemento que lamentablemente agora se poñen de manifesto". Este verquido, comentan, "é a consecuencia da inoperancia a tres niveis".

A nivel estatal, "o Goberno do Estado (PSOE-Podemos) impide que se executen obras de melloras e mantemento, posto que esixe que o emisario se desprace por terreos non costeiros. Esto suporía instalar máis puntos de bombeo, acometer máis expropiacións, e desviar absurdamente o emisario. O custo sería moito maior pola execución da obra, as expropiacións, e o propio custo enerxético que suporía o seu funcionamento. De novo, os galegos e as galegas teríamos que pagamos máis por aplicar no país lexislación deseñadas dende Madrid.

A nivel autonómico, "a Consellería de Infraestructuras da Xunta de Galicia (PP) escúdase na obstrucción estatal para non ofrecer solucións non ofrece unha solucións integrais ao sector maila ser a titular do emisario".

E, a nivel local, "o Alcalde (PSOE) antepón a fidelidade ao seu partido a resolver un problema que afecta aos veciños, teimando en repetir que non debemos preocuparnos porque a Ministra lle asegurou que a Lei de Costas non suporía ningún problema para Cambados".

Dende a Asamblea Local do BNG instan ás tres administracións implicadas a "adoptar urxentemente unha solución a este problema, e empregaremos a nosa presenza nas institucións para facer valer a nosa postura", sentencian.