Bodegas Martín Códax presenta a edición especial Fragmentos de Onte

Unha colección de seis botellas únicas e diferentes co legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson que afonda na vida do pobo galego
Edición Especial Fragmentos de Onte. DP
photo_camera Edición Especial Fragmentos de Onte. DP

c
Fragmentos de vida feminina, da beleza do cotiá e do bo facer apostando polo noso. Unha pequena gran homenaxe á tradición e á nosa orixe.

A etiqueta habitual do albariño Martín Códax xa é en si mesma unha homenaxe á cultura galega e a un dos personaxes que máis contribuiu á consolidación do noso idioma. E agora, por tempo limitado, rendirá tributo ás profesións máis artesanais que se realizan en Galicia, e que, moitas delas, aínda permanecen.


As redeiras de Marín, as leiteiras de Muros, as mariscadoras de Carril o as palilleiras de Muxía, xunto cas oleiras de Niñodaguia en Ourense ou as vendedoras da Praza da Leña en Pontevedra represéntanse en cada unha das seis botellas desta edición especial Fragmentos de Onte.

Exposición Fragmentos de Onte

Coincidindo co lanzamento da edición especial, Bodegas Martín Códax levará a Vigo e, posteriormente a Santiago, en colaboración coa Asociación Etnográfica Sete Espadelas, a exposición Fragmentos de Onte no que poderase ver unha mostra significativa do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson.


Entre 1924 e 1926, Archer Milton, fundador da Hispanic Society of America de Nueva York, mandou á fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia, en varias expedicións, para recoller todo o material etnográfico que estaba a piques de se perder: vestiario, oficios, festas, costumes, feiras, tradicións…

A exposición é unha escolma de máis de 60 traxes, froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación sobre a viaxe e o libro de Anderson. Trátase dun rigoroso traballo de investigación co que se pretende reproducir, ante os ollos do visitante, o que viu Ruth Matilda cando chegou a Galicia da maneira máis exacta posible. O espectador poderá amosar preto de mil pezas de roupa (unha gran porcentaxe delas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos) e tamén aparellos de labranza, obxectos do fogar e diferentes elementos orixinais da época.

A exposición estará en Vigo (Sede Afundación) do 20 de abril ó 10 de xuño, e Santiago (Igrexa da Universidade), do 21 de xuño ó 29 de xullo.