O Concello de Cambados recibe aos alumnos do CEIP San Tomé

O alcalde guiou aos rapaces e rapazas de primaria e ensinoulles o funcionamento da administración municipal
Visitita del CEIP San Tomé al Concello de Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Visitita del CEIP San Tomé al Concello de Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Os alumnos de terceiro, cuarto e quinto curso de primaria do CEIP San Tomé desfrutaron dunha visita guiada polo Concello de Cambados para coñecer así a labor feita dende a administración municipal e o funcionamento dos órganos de goberno que a compoñen. 

Os rapaces e rapazas contaron coa axuda do alcalde de Samuel Lago, quen recibiu aos visitantes e aos seus docentes e foi o encargado de guialos polos distintos departamentos da casa consistorial. 

Alumnos del CEIP San Tomé con el alcalde Samuel Lago en su visita al Concello de Cambados. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Un dos privilexios dos que gozaron os mozos e mozas foi ocupar os escanos dos 17 concelleiros da corporación no Salón de Plenos mentres o rexedor explicaba por riba algúns dos aspectos máis importantes da xestión municipal, a función do alcalde e as competencias do equipo de goberno, así como o sistema de elección dos representantes municipais. 

Durante a visita, Lago tamén lles aclarou as funcións das diferentes áreas departamentais e as competencias e relacións entre as diversas administracións públicas.