Evento

LXXI edición da Festa do Albariño

02/08/2023 a 06/08/2023
Cambados
Justin Quiles. CEDIDA
photo_camera Justin Quiles. CEDIDA

O Concello de Cambados celebra dende este mércores, 2 de agosto, a LXXI edición da Festa do Albariño.

Todos os eventos son de balde excepto as actuacións de Justin Quiles (3 de agosto) e de Zahara xunto con Lontreira (4 de agosto), que terán un custe de 10 e 7 euros respectivamente (sen comisión engadida). A estas súmanse as actuacións de balde de Stay Homas (5 de agosto) e Belén Aguilera (2 de agosto) e a inauguración da Festa a cargo de Luar da Lubre (1 de agosto). Tamén haberá verbenas e diferentes actuacións todos os días, como a da orquestra Los Satélites o mércores 3 na Praza do Concello ou diferentes DJs durante as xornadas do venres e do sábado, coa Nortada Electrónica e outras localizacións, a partir das 23.00 horas.

Se ben o programa da festa inau gurarase o mércores nos stands, "o día do Pé de Cuba, que é o día anterior do inicio da festa, haberá un evento de carácter infantil e un concerto de inauguración de Luar da Lubre", explicou o tenente de alcalde, Tino Cordal.