O virtuoso do Cello Alban Gerhardt ofrece este venres un concerto gratuíto no auditorio

O solista con grandes orquestras do mundo utilizará un Mateo Gofriller de 1710, e estará acompañado ao piano por Edith Peña, unha das artistas de maior prestixio de Latinoamérica

Alban Gerhardt. DS
photo_camera Alban Gerhardt. DS

 O auditorio de Vilagarcía acollerá este venres, a partir das 20.30 horas, un concerto extraordinario da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, por canto será de entrada libre e gratuíta, grazas ao patrocinio do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia e a colaboración do concello. Neste caso, ademais, os protagonistas do recital de cello e piano gozan dun recoñecido prestixio. Por unha banda, ao cello, o alemán Alban Gerhardt; polo outro, a pianista Edith Peña.

Solista habitual de prestixiosas orquestras como a Filharmónica de Nova York, a Filharmónica de Berlín, a Sinfónica de Boston ou a Orquestra Filharmónica de Londres, no seu concerto en Vilagarcía, Alban Gerhardt utilizará un violoncello Matteo Gofriller do ano 1710. Pola súa banda, Edith Peña está considerada como unha das intérpretes de piano máis prestixiosas de Latinoamérica.

O acceso será libre e gratuíto sen necesidade de reserva previa, polo que tanto o Concello coma a propia Sociedade Filarmónica piden ao público que se achegue con tempo suficiente ao auditorio para respectar os horarios.