Vilagarcía eleva ao Parlamento Galego a petición de mantemento da aula de tres anos do Anexo

Os socialistas defenderán a petición cos argumentos xa expostos polas familias, baseándose nos numerosos precedentes existentes nos centros educativos da zona
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Goberno local de Vilagarcía apoia a reivindicación da comunidade escolar do Anexo A Lomba, que se opón ao peche da aula de 4º de Educación Infantil comunicada pola Consellería de Educación ao centro alegando un número insuficiente de alumnado matriculado. Ademais de acompañar ás familias na concentración de protesta, o equipo de Alberto Varela fixo as xestións oportunas ante o deputado socialista, Julio Torrado, que xa rexistrou unha iniciativa ante a Mesa do Parlamento Galego demandando o mantemento da aula de 3 anos.

Os socialistas defenderán a petición cos argumentos xa expostos polas familias, baseándose nos numerosos precedentes existentes nos centros educativos da zona nos que se mantiveron aulas que non acadaban os 20 alumnos, e mesmo varios casos nos que ni tan sequera as 11 matrículas que o Anexo ten rexistradas en 4º de Infantil para o vindeiro curso escolar. Ademais, alegan o prexuízo que o peche desta unidade terá para as familias que terían que escolarizar aos seus fillos noutros centros do municipio cando os seus irmáns o farán no Anexo.