A praza Doutor Carús pecha ao tráfico para concluír a mellora de pavimentación

A medida extenderase ata o venres ▶ Este mércores finalizarase o levantamento das tapas das arquetas dos distintos servizos para deixalas ao nivel do firme
Estado actual da praza Doutor Carús en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Estado actual da praza Doutor Carús en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A mellora do firma da praza do Doutor Carús entra na súa fase final esta semana. Co obxecto de rematar os traballos posteriores á pavimentación executada a semana pasada, o espazo permanecerá pechado ata o venres. En consecuencia, os vehículos non poderán estacionar na praza nin circular a través dela cara Alexandre Bóveda.

Despois de que a tregua nas chuvias permitise asfaltar a praza a finais da semana pasada, a empresa Marconsa dedicará os próximos días a rematar a obra. Este martes comezaron a levantar as tapas das arquetas dos distintos servizos públicos para deixalas a nivel do firme. Concluída esta operación procederase ao pintado da sinalización horizontal, para o cal é preciso que se manteña o tempo seco. A previsión é que a actuación estea completamente rematada, como moi tarde, o venres, de modo que a praza recupere a normalidade e volva a estar operativa de cara a fin de semana e á celebración do mercado ambulante do sábado.