O Partido Popular reafirma o seu compromiso para rexenerar a praia de Preguntoiro

Ana Pastor pide concentrar o voto en Núñez Feijóo para reformar esta praia de Vilaxoán
Os candidatos na praia de Preguntoiro en Vilaxoán. DS
photo_camera Os candidatos na praia de Preguntoiro en Vilaxoán. DS

Está mañá o Partido Popular reiterou, en Vilagarcía de Arousa, o seu compromiso para rexenerar a Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán. Ata alí se trasladaron os candidatos ao Congreso e ao Senado, Ana Pastor, Juan Andrés Bayón, Pepa Pardo e Sabela Fole, acompañados pola secretaria xeral do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro e a voceira local, Ana Granja. Así, recordaron: "Estamos aquí para dicirlle aos veciños de Vilagarcía que temos a palabra e que cando Feijóo goberne imos incluír este proxecto nos orzamentos xerais", destacou Pastor. 

A candidata asegurou que a última actualización de rexenaración se fixo co seu partido político e que as emendas aos orzamentos para incluír este proxecto sempre foron votadas en contra polos demais partidos políticos. Algo que, segundo Pastor provocou "que a imaxe da prais sexa a dun areal sen area, sen estar habilitada para persoas con mibilidade reducida, sen unha sinalización adecuada, con tapas de sumidoiro polo medio do areal...". Asi, recalca que a actuación é fundamental e debe facerse en consenso co sector marisqueiro, xa que nesta praia hai cultivo de ameixas. 

Por outro lado, Juan Andrés Bayón declarou que "os socialistas levan catro anos sen facer ningún tipo de actuación nesta praia, que deixou de ser unha referencia en Vilagarcía polo seu estado deplorable". O candidato recalcou que "o goberno de Alberto Varela é coñecedor desta situación e non fixo nada ao respecto. Agora en campaña atrévese a dicir que esperan que se cumpra o compromiso do Ministerio con Vilagarcía, cando o certo é que se leva demostrando que en cinco anos non fixeron outra cousa máis que incumprir coa cidade". 

Asi, todos os presentes destacaron que confían que a cidadanía diferencia "entre unha proposta electoralista e a realidade". Pediron concentrar o voto do 23 de xullo en Núñez Feijóo e no Partido Popular.