Varios hoteleiros farán unha ‘fam trip’ para coñecer 'A orixe de todos os camiños'

A actividade promovida pola Concellería de Turismo e enmarcada na promoción de A orixe de todos os camiños fai un percorrido entre Vilagarcía e Padrón
Vista panorámica de Carril. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Vista panorámica de Carril. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Concellería de Turismo continúa coa organización de actividades tendentes a dar a coñecer e promocionar o produto A orixe de todos os camiños, neste caso, entre profesionais do sector turístico. Un grupo de hoteleiros de Vilagarcía, Santiago e Caldas de Reis participan na fam trip, ou viaxe de familiarización, que saíu ás 11.30 horas dende Mariña Vilagarcía para realizar a travesía que seguiron os restos do Apóstolo Santiago na viaxe de Terra Santa a Compostela. 

A navegación entre o peirao de Vilagarcía e Padrón seguindo o via crucis existente ao longo do traxecto estará guiada por técnicos da axencia local Tee Travel, a quen o Concello encargou a realización destas actividades a través do convenio de colaboración subscrito para a promoción e realización de travesías de A orixe de todos os camiños

Tamén participarán na ruta persoal da Oficina Municipal de Turismo e o concelleiro Álvaro Carou. Xa hai uns días celebrouse outra fan trip destinada a hostaleiros da zona. A seguinte actividade a organizar terá como destinatarios a asociados de Ahituvi.