El Concello convoca un campamento urbano de Nadal con 30 prazas para rapaces de 4 a 7 ano

Desenvolverase do 23 ao 5 de xaneiro no CEIP Arealonga ▶ O prazo de inscrición abre o vindeiro luns, día 21

CEIP Arealonga. DS
photo_camera As actividades levaranse a cabo no CEIP Arealonga. DS

A concellería de Xuventude, que dirixe Alba Briones, convocou un campamento urbano de Nadal cun total de 30 prazas para nenos de 4 a 7 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2018), se ben se reservan 6 prazas para adxudicación directa polos Servizos Sociais, de ser o caso. O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns, día 21, e ata o día 30. A actividade ten como obxectivo favorecer a conciliación laboral e familiar mentres duren as vacacións do Nadal.

O campamento desenvolverase no CEIP Arealonga os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. As actividades inclúen obradoiros artístico creativos, manualidades, xogos guiados e libres, entre outras. O horario establecido é de 9.00 a 14.00 horas, cun tempo de "merenda" a media mañá. O horario de entrada será de 9.00 h a 9.30 h e o de saída, de 13.30 h á 14.00 h.

As familias interesadas deberán presentar unha soa solicitude de inscrición por neno/a  (excepto no caso de que se inscriba a varios/as nenos/as da mesma unidade familiar) facilitada na sede electrónica do Concello, acompañada da documentación indicada no Anexo I. As solicitudes deberán ser presentadas na Sede electrónica do Concello ou na Oficina de Asistencia en materia de Rexistro do Concello de Vilagarcía de Arousa en horario de 8.30 h. a 14.30 h. (luns a venres), contando dende o vindeiro luns, día 21.