Seis axentes da Policía Local de Vilagarcía reciben as 'distincións de permanencia'

A alcaldesa en funcións, Tania García, acompañounos no acto de entrega celebrado na Academia Galega de Seguridade
Distinciones Policía Local Vilagarcía
photo_camera Os axentes distinguidos polos seus anos de servizo. D. S.

Seis axentes da Policía Local de Vilagarcía foron obxecto de recoñecemento por parte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia e Xustiza debido a súa antigüidade prestando servizo no Corpo Municipal. As 'distincións de permanencia' entregáronse na Academia Galega de Seguridade nun acto no que a alcaldesa en funcións, Tania Garcfía Sanmartín, acompañou aos gardas municipais.

Os axentes distinguidos polos anos de servizo prestados no Corpo son: Elena Paz Bugallo, Félix Arosa Filgueira, José Luis Couto Estévez, Juan Rafael, Jiménez Tomé, Xoan Carlos Oubiña Deus e José Luis Patiño Carballeira.