O artista Juan Carlos Platis e o músico Mon Plats clausuran o Vermutearte

Vilagarcía despídese este domingo da primeira edición do Vermutearte cunha conversa en ton informal que permite coñecer a dous creadores locais
La gente disfruta el vermú estos días de verano. DAVID FREIRE
photo_camera La gente disfruta el vermú estos días de verano. DAVID FREIRE

A primeira edición do programa VermuteArte chega este domingo, 30 de xullo, ao seu fin cunha conversa que permitirá coñecer máis en profundidade a dous creadores locais: o músico Mon Plats, que acaba de editar o seu primeiro traballo; e o artista plástico Juan Carlos Platis, que xa ten realizado numerosas exposicións pictóricas e escultóricas ao longo das últimas décadas. A cita será ás 13.30 horas na contorna da zona de viños da rúa Méndez Núñez.

A través dunha conversa en ton informal, estes dous artistas iranse presentando e coñecendo mutuamente, á vez que permitirán que tamén os coñezan as persoas que estean tomando algo nos locais da zona ou se acheguen para iso.

O VermuteArte é unha nova iniciativa cultural posta en marcha en Vilagarcía co obxectivo de dar a coñecer ao público e poñer en valor o gran talento local que existe no municipio nos diversos eidos da arte e da cultura. O xeito de facelo é propiciando un encontro entre dúas persoas que de forma natural, semellante a cando nos presentan a alguén e establecemos unha conversa, comparten información sobre quen son, de onde proceden, a que se dedican, que intereses en común teñen ou que aspectos os separa