Porto Meloxo conta cun novo servizo de banda ancha grazas aos fondos 'Next Generation'

Así se anunciou nunha visita celebrada na mañá deste mércores na que participaron Carmela Silva, José Miñones e José Cacabelos
 

Reunión pola fibra óptica en O Grove. DP
photo_camera Reunión pola fibra óptica en O Grove. DP

A presidenta da Deputación, Carmela Silva e o delegado do Goberno, José Miñones, xunto ao alcalde de O Grove, José Cacabelos, participaron esta mañá de mércores nunha visita a Porto Meloxo coincidindo co despregue da banda ancha, no marco do plan ÚNICO do Goberno do Estado, nesta zona do territorio grovense.

O alcalde do Grove, José Cacabelos, explicou que un 40% do seu municipio xa goza de banda ancha e destacou que Porto Meloxo é o último exemplo dun avance na conectividade que tamén se concretou en lugares como San Vicente, Balea, Boibas, Meloxo ou Reboredo “que, podería pensarse, serían os últimos  e en cambio están sendo os primeiros, mesmo por diante dalgunhas rúas do núcleo urbano, onde estamos comezando agora mesmo as obras de tendido da fibra óptica”.

“En moi pouco tempo”, celebrou, “o 100% do Grove terá conectividade á Internet de altas prestacións e iso mellorará a vida da xente, porque todo o mundo ten hoxe un dispositivo tecnolóxico conectado, pero tamén será algo extraordinario para as empresas e para a hostalería de toda a zona, que verán incrementada a súa competitividade”.