O Grove acolle este venres a proxección do filme 'Live is Life'

O pase da obra,  dirixida polo realizador Dani de la Torre, terá lugar ás 20.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey  
 
Imaxe promocional do filme 'Life is life' de Dani de la Torre. DS
photo_camera Imaxe promocional do filme 'Life is life' de Dani de la Torre. DS

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia, recala este vindeiro venres 22 de setembro no concello do Grove. A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá ás 20.00 horas o pase do filme Live is life, do realizador Dani de la Torre

O filme, do 2022, conta con guión orixinal de Albert Espinosa e está protagonizado por Juan Baena, Juan del Pozo, Raúl del Pozo, David Rodríguez, Silvia Bel e Luisa Merelas entre outros actores e actrices. A acción transcorre no verán de 1985, no que, como cada ano, o protagonista, Rodri, deixa Cataluña e regresa á aldea galega da súa familia para reencontrarse coa súa panda. Este ano é distinto e os problemas do mundo real comezan aparecer nas súas vidas ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escapar a noite de San Xoán en busca dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, crece no alto dunha montaña e pode facer os desexos realidade.