A Illa abre o prazo de inscripción na ludoteca de verán con 60 prazas

Esta actividade, que se desenvolve do 3 de xullo ao 31 de agosto, está orientada a escolares con idades entre 3 e 12 anos
PATIO COLEXIO TORRE-ILLA
photo_camera A ludoteca desenvolverase no colexio Torre-Illa. DS

O Concello de A Illa abre o prazo de inscripción para a participación na ludoteca de verán, na que ofertan 60 prazas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Esta actividade, na que as familias interesadas poden inscribirse ata o vindeiro venres 16 de xuño no Rexistro do Concello, ten un coste de 100 euros por alumno e no caso de seren dous irmáns, a taxa baixa a 80 euros por participante.

As prazas adxudicaranse con preferencia ás persoas empadroadas no municipio e o segundo criterio será que os dous proxenitores do menor traballen durante o periodo de verán. En caso de quedar prazas vacantes terán opcións as familias non empadroadas na Illa de Arousa.

A ludoteca de verán comezará o 3 de xullo e prolongarase ata o 31 de agosto desenvolvendo actividades no colexio Torre-Illa, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, coa posibilidade de adiantar a entrada ás 9 da mañán.