Cambados busca o apoio da Deputación e da Xunta para que o asilo queden en mans públicas

O alcalde, Samuel Lago, valorou "con moita preocupación" o anuncio da venta do inmoble e desexa que "siga destinado a un uso social para o cuidado das persoas maiores"
Samuel Lago, alcalde de Cambados. DS
photo_camera O alcalde de Cambados, Samuel Lago. DS

O Concello de Cambados valorou "con moita preocupación" o anuncio confirmado de que o edificio que alberga o asilo de Cambados está en venta nun portal inmobiliario. “Para nos é moi mala noticia da que hai tempo se escoitaban rumores pero parece que agora se confirma públicamente”, indicou o alcalde, Samuel Lago, quen tamén expresou o desexo do Concello de que o inmoble permaneza en mans públicas.

Para isto, o Goberno local "non quedará impasible" e fará "as xestións oportunas con outras administracións que permitan que o asilo de Cambados siga destinado a un uso social para o cuidado de persoas maiores”. “A nosa intención sería que esta edificación quedara en mans públicas e mantivera o uso social polo que foi donado no seu momento, o cuidado ás persoas maiores, pero ademáis, para conservar o pazo que o alberga como patrimonio de importancia en Cambados”, asegurou.

Sen embargo, advertiu, o Concello por si so "non ten capacidade financeira para adquirir o inmoble" e, por isto, o alcalde avanza que tratará de conseguir o apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia. “Xa teño solicitada unha entrevista co presidente da Deputación, Luis López, para abordar este asunto ademáis de outros temas de importancia para Cambados e tamén trataremos de recabar o respaldo da Xunta para ver si existe a posibilidade de que a administración autonómica poida adquirir o inmoble e mater o seu uso como residencia pública de anciáns a un prezo máis asequible que nun centro privado”, concretou.