A Xira Nintendo Switch regresa a Vilagarcía con experiencias multixogador

A caravana e as carpas que se instalarán na praza II República disporán de 60 postos para xogar individualmente ou en grupo grazas ao modo multixogador

Gira Nintendo Switch. DS
photo_camera Caravana da Xira Nintendo Switch. DS

A Xira Nintendo Switch Tour regresa outro verán a Vilagarcía para facer as delicias de afeccionados aos videoxogos de todas as idades e para animar aos profanos a iniciarse na experiencia. A caravana da recoñecida marca despregará as súas carpas na praza da II República do 21 ao 23 de agosto para que as persoas que o desexen poidan probar totalmente gratis máis de 20 xogos desta consola. O horario de apertura é de 17.00 a 23.00 horas durante as tres xornadas.

O gran protagonista da xira deste ano é Mario, un personaxe con varias xeracións de fans de todas as idades que leva décadas animando a xogar e a bater retos nos distintos xogos que Nintendo foi sacando, ampliando e mellorando ao longo do tempo. Precisamente, o universo Mario é o escenario perfecto para que, tanto os máis expertos coma os novatos nestas lides, poidan divertirse por igual coas animadas aventuras que terán que afrontar na compaña deste querido personaxe e os seus amigos. Ademais, toda a familia pode somerxerse xunta na aventura, grazas aos modos multixogador e ao feito de que son títulos aptos para todos os públicos

Os asistentes disporán de máis de 65 postos de xogo e atopar a súa aventura preferida entre unha ampla carta na que atopan Mario Kart 8 Deluxe, Pikmin 4, Everybody 1-2-Switch!, Nintendo Switch Sports ou The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom. Estes e outros moitos xogos son os que poderán probar todas as persoas que se acheguen estes días á caravana vermella de Ninte ndo.