O Concello solicita a súa inclusión no Plan de Emprego para contratar a 10 persoas desempregadas

A medida financiarase cos 74.361 euros da subvención e os 49.361 euros cos que a administración local complementa o proxecto para ofertar a xornada completa aos traballadores
Operarios municipales de Vilagarcía en el parque Compostela trabajando en la retirada de las raíces que obturaban la canalización. DS
photo_camera Operarios municipales trabajando en el parque de la Compostela. DS

No marco das políticas de inclusión social e de loita contra o paro que desenvolve o Concello de Vilagarcía, a Xunta de Goberno Local acordou solicitar a colaboración económica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para desenvolver un plan de emprego destinado a un dos colectivos máis vulnerables: o das persoas desempregadas preceptoras da renda de integración social (RISGA). A proposta municipal consiste na contratación de 10 traballadores/as a tempo completo durante 9 meses para a realización de labores conservación e acondicionamento de infraestruturas municipais e zonas verdes.

Os custe da medida ascende a 123.503 euros, dos que o Concello asume 49.361 e a subvención autonómica os 74.361 restantes. A achega municipal ten como obxectivo dignificar os salarios, ofrecendo aos beneficiarios un contrato a tempo completo, xa que a subvención da Xunta só sobre o 75% da xornada laboral.

Os 10 contratos previstos corresponderán á categoría de peón e formalizaranse baixo a modalidade de contrato de traballo para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral. Os postos repartiríanse entre 6 Peóns Traballadores para mantemento de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos e 4 Peóns Forestais para a realización de actividades de conservación de zo nas verdes municipais e traballos específicos de recuperación de espazos medioambientais.

Os requisitos que deben cumprir as persoas que desexen acceder a este plan de contratación son ser perceptoras da Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes sen ocupación. Ademais, terán preferencia as persoas que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, as maiores de 45 anos e as que teñan cargas familiares.