O PP de O Grove lamenta a "campaña veraniega mais desastrosa que se recorda"

Desde o grupo opositor denuncian o "abandono" e a "deixadez" do goberno de Cacabelos nas praias e nos principais elementos das mesmas
Pablo Leiva durante a pasada campaña electoral. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Pablo Leiva durante a pasada campaña electoral. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Partido Popular do Concello de O Grove denunciou, este martes, as condicións nas que se atopa o seu municipio nesta campaña de verán, que calificaron como "a máis desastrosa que se recorda".

O grupo encabezado por Pablo Leiva lamentou "o estado das praias e dos elementos que as rodean como pasarelas, aseos ou casetas de salvamento". Relacionado con este último punto, o PP tamén quixo denunciar o estado do socorrismo nos arenais do Concello, onde "só a Praia da Lanzada conta con el".

"É unha deixadez total e absoluta, están desexando que remate o verán", afirmaron desde o grupo popular, que recordou tamén "a eliminación das bandeiras azuis e dos espazos das autocaravanas" nos primeiros anos de mandato de Cacabelos.

O Partido Popular pediu "unha maior limpeza e un maior mantemento" e mostrou a súa sorpresa coa "taxa turística que quere introducir o alcalde". "Mentres vemos como os concellos veciños, algúns con escaso peso turístico, converten o verán nunha fortaleza da súa xestión, no noso pasamos de todo. Hai máis cousas referentes ao turismo que importan, non só a Festa do Marisco", pechou o partido conservador.