O Grove acolle a proxección do documental sobre María Casares

O pase da película gañadora desta categoría nos galardóns do audiovisual galego terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio Municipal  
Imaxe da proxección. DS
photo_camera Imaxe da proxección. DS

O Grove acolle este venres 6 de outubro unha nova proxección da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Deste xeito, o Auditorio Municipal acollerá ás 20.00 horas o pase do documental María Casares, a muller que viviu mil vidas, gañador desta categoría na edición deste ano dos galardóns.

Con guión e dirección de Xavier Villaverde, o filme propón unha aproximación íntima e profunda á vida da actriz, unha figura magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX. Trátase dunha homenaxe desde a súa Galicia natal, á que nunca esqueceu, no marco do primeiro centenario do o seu nacemento. Ao longo do documental, interveñen María Lopo, Emilio Grandío, Manolo Rivas, Mabel Rivera, Johanna Silberstein, Jorge Lavelli, Marion Chénetier-Alev e Manolo Lourenzo.