O Concello do Grove contratará a 19 desempregados a través do Plan Concellos

As persoas contratadas veñen a reforzar os servizos municipais para execución de diversas obras e servizos de recuperación

Una de las calles principales de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Una de las calles principales de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Deputación de Pontevedra vén de concederlle ao Concello do Grove subvención para a contratación de 19 persoas desempregadas inscritas no servicio público de emprego, sempre respetando a preferencia na contratación dos colectivos mais desfavorecidos, a través da Liña 3 Emprego, dentro do Plan Concellos 2023. As ofertas tramitaranse a través da oficina de emprego do Servizo Público de Emprego.

As 19 persoas corresponden a 6 peóns de obras públicas, 5 peóns forestais, 2 peóns de xardinería, 2 condutores, 2 auxiliares administrativos, 2 animadores socioculturais, todos con contrato por 6 meses a xornada completa.

As persoas contratadas veñen a reforzar os servizos municipais para execución de diversas obras e servizos de recuperación de zonas degradas, traballos recuperación  mobiliario urbano, espazos forestais,  mellora no servizos administrativos e culturais . Tanto na zona urbana como rural. O obxectivo é ter preparados os recursos municipais para o verán nun concello turístico como é O Grove.