O auditorio do Grove acolle este domingo a función de 'Elisa e Marcela'

O espectáculo dará comezo ás 19.30 horas ▶ As entradas, cun prezo de 8 euros, estarán a venda na billeteira do auditorio a partir das 16.30 horas
Representación de Elisa e Marcela. DS
photo_camera Representación de Elisa e Marcela. DS

Despois de seis anos en cartel e máis de 270 funcións, Elisa e Marcela, o espectáculo máis premiado da compañía A Panadaría, despídese dos escenarios cunha xira de 11 funcións en Galicia. Unha delas será a que terá lugar este domingo, 18 de xuño, ás 19.30 horas, no auditorio do Grove. As entradas, cun prezo de 8 euros, estará a venda na billeteira do propio auditorio dende as 16.30 horas.

Elisa e Marcela é un espectáculo que marcou varios fitos no recente teatro galego. No só polos galardóns conseguidos, polas xiras realizadas, dentro e fóra do territorio galego e polas extraordinarias críticas recibidas. Foi a primeira montaxe teatral da historia do teatro galego en abordar a temática lésbica de forma explícita e protagonista e a primeira tamén en poñer a historia destas dúas mulleres sobre as táboas.

Trátase "dunha comedia impresionante, cunha estrutura e ritmos trepidantes que destila virtuosismo", "un canto ao amor valente e, ao tempo, unha homenaxe e unha reivindicación". É "puro teatro".