Meaño saca a contratación un pump track en Faxín por valor de 49.000 euros

A pista, de 100 metros de lonxitude, estará enclavada nunha área de ocio na que se instalarán bancos, papeleiras e se garantizará a sombra coa prantación de árbores
Ubicación do novo pump track de Meaño. DS
photo_camera Ubicación do novo pump track de Meaño. DS

Co obxetivo de incrementar as zonas de ocio para a mocidade e dinamizar o entorno de Faxín, no centro de Dena, o goberno local saca a contratación dunha pista de pump track para bicicletas, patíns e monopatíns. A dotación orzamentaria para este proxecto é de 49.000 euros e trátase dunha pista cunha lonxitude de 100 metros por 2 de ancho, con formas sinuosas e orgánicas configuradas sobre a rasante, xerando taludes cara o interior e exterior que funcionan como espazos de protección.

A infraestrutura está pensada como unha área de ocio que inclúe prantación de árbores e sembra de céspedes, ademáis da dotación de mobiliario urbano como bancos, papeleiras e incluso unha fonte.

“A nosa idea é conxugar unha actuación verde coa transformación deste espazo nun circuito seguro deseñado tanto para ser usado tanto por nenos como por adultos”, explica Carlos Viéitez, alcalde de Meaño, que recoñece que este acordo obedece a unha crecemente demanda na localidade de áreas pensadas para actividades deste tipo, practicadas maioritariamente por personas xóvenes.

“Estamos comprometidos coa dotación de servizos e infraestruturas que promovan os hábitos saudables entre a nosa poboación. De aí que nesta lexislatura apostasemos pola reforma de toda a rede viaria, creando beirarrúas amables para pasear; entornos peonís, e senda que favorezan camiñar”. A esta filosofía de municipio saudable para vivir únese agora a pump track prevista en Faxín coa que o Concello de Meaño ofrece á xuventude unha alternativa saudable de ocio sen sair do municipio.