A Xunta financia as obras de mellora do camiño Do Pazo a Coirón

Os 50.000 euros de investimento autonómico permitiron mellorar a seguridade viaria e a comodidade dun tramo de 640 metros que pasa polos lugares de Pazos e Vilaxuega
Visita do delegado territorial, Agustín Reguera, ás obras de mellora do camiño Do Pazo a Coirón, en Meaño. DS
photo_camera Visita do delegado territorial, Agustín Reguera, ás obras de mellora do camiño Do Pazo a Coirón, en Meaño. DS

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou na mañá deste venres o concello de Meaño con motivo da obra de mellora da pavimentación do camiño Do Pazo a Coirón

Esta obra foi posible grazas a un investimento de preto de 50.000 euros que a Xunta realizou como parte do Plan Marco 2023-2024. En total foron preto de 640 metros de estrada que foi renovada e que comunican os lugares de Pazos e Vilaxuega. O obxectivo era mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos condutores que cada día pasan pola zona. 

O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor a importancia de manter unha boa “colaboración e coordinación cos concellos, de forma a utilizar os fondos públicos en iniciativas que realmente revertan a favor dos veciños e veciñas de cada localidade”. 

Con esta nova achega en Meaño, a Xunta destinou máis de 531.000 euros dos 3,2 millóns de euros destinados ao Plan Marco na provincia de Pontevedra aos concellos da comarca do Salnés e Ullán