Meaño presenta a XXXVII edición da súa Carreira Popular

A proba, a celebrarse o domingo 10 de setembro, terá un percorrido de 6km para maiores de 13 anos e de 1km para os nados entre 2016/18
Presentación da edición da Carreira Popular de Meaño. DS
photo_camera Presentación da edición da Carreira Popular de Meaño. DS

O alcalde de Meaño, Carlos Viéitez e os principais patrocinadores e corredores de edicións anteriores, presentaron este xoves a XXXVII da Carreira Popular de Meaño que se celebrará o domingo 10 de setembro ás 11.00 horas no municipio.

A inscrición é gratuita e o plazo está aberto ata o xoves 7 de setembro ás 23:59. A xestión pode facerse a través do seguinte enlace.

O percorrido conta cun circuito longo de 6.330 metros para os maiores de 13 anos, un circuito medio de 1.600 metros para os nados entre 2013-2015 e un circuito curto de 1070 metros para os nados entre 2016-2018. A categoría chupetes (nados a partir do 2019), poderán percorrer 100 metros. Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa.

No que aos premios se refire, para o primero clasificado, tanto masculino como femenino, se manteñen os 300€ mais o seu peso en botellas de viño de Paco y Lola; 200€ e unha fin de semana para dúas persoas no hotel con encanto Quinta de San Amaro para os segundos clasificados e 100€ e unha cesta de productos típicos de Súper Lage para a terceiro clasificado masculino e femenino. Os participantes que melloren o récord do circuito recibirán un reloxo Viceroy.

Ademais das 20 categorías competitivas, mantéñense as categorias non competitivas de chupetes e andantes.Os trofeos foron diseñados por Mar Barral.

No momento da presentación, estaban inscritos 200 participantes que formarán parte desta carreira popular que xa é un clásico na axenda dos clubes de atletismo de Galicia e Portugal.