Meaño contará con un camión para a recollida conxunta e separada do lixo

Luis López e Carlos Vieitez mantiveron un encontre este mércores no que asinaron o convenio
Luis López e Carlos Vieites en Meaño. DS
photo_camera Luis López e Carlos Vieitez en Meaño. DS

O presidente da Deputación, Luis López, e o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, asinaron este mércores un convenio de colaboración a través do cal o Goberno provincial financiará con máis de 300.000 euros, o proxecto para a adquisición dun camión para a recollida conxunta e separada por compartimentos do lixo dos contedores verdes e marróns.

Os colectores tamén serán instalados nas parroquias. O Concello achega 50.000 euros. O proxecto servirá para dotar ao Concello dun camión biocompartimentado para a recollida dos residuos orgánicos dos contedores marróns e tamén da fracción non separada nun depósito instalado no mesmo vehículo, que conta con dous compartimentos.

Logo, eses restos serán trasladados á recentemente inaugurada planta de compostaxe de Baión (Vilanova), o que servirá tamén para aforrar custes.

De xeito paralelo, o proxecto contempla a instalación de contedores marróns nas parroquias máis poboadas do municipio (Dena e Meaño) mentres que nas demais promoverase a compostaxe doméstica.

Segundo recolle o convenio, o plan deberá estar executado antes do día 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo realízase coa modificación das bases dun programa que xa está en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo Goberno provincial se vexa reducido.