Meaño acolle este domingo a función 'Falemos como galegas'

A compañía Migallas Teatro porá en escena a obra ás 19.00 horas no Centro Social de Dena nunha función con entrada libre ata completar o aforo 
Imaxe promocional de Falemos como galegos. DS
photo_camera Imaxe promocional de Falemos como galegas. DS

O Centro Social de Dena será escenario este domingo, 22 de outubro, da actuación da compañía pontevedresa Migallas Teatro, que porá en escena a obra “Falemos como galegas no marco do ciclo Tornar ás táboas, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 19.00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

Falemos como galegas é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan varias cuestións sobre a lingua galega, como por exemplo o porqué da súa situación, os falsos tópicos máis comúns ao redor dela, de onde veñen os prexuízos sobre a lingua ou cal é o seu futuro. María Campos e Carlos Yus danlle vida en esta peza, dirixida a público mozo e adulto, a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular señora de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar e toda unha icona do "castrapismo".