A Escola Infantil Municipal volve a abrir en horario de tarde

Durante oito días viuse obrigada a abrir en horario de 8.00 a 16.00 horas debido a varias baixas de traballadores
Escola Infantil Municipal de Meaño. DS
photo_camera Escola Infantil Municipal de Meaño. DS

A Escola Infantil Municipal de Meaño volveu a abrir de novo este xoves polas tardes despois de permanecer oito días en horario de 8.00 a 16.00 horas. O motivo da reducción horaria foi unha situación anómala de baixas médicas de catro traballadores dunha plantilla formada por seis persoas.

Dende este xoves comezouse a prestar atención educativa en horario habitual ininterrompido de 8.00 a 20.00 horas. "Debemos ser casi o único concello de Galicia que queda actualmente con todos os servicios con xestión municipal propia, coa complexidade da normativa actual vixente en diferentes ámbitos", explican dende o ente local.