A Praza do Regueiro queda pechada ao tráfico dende o luns para iniciar a pavimentación

Está previsto que a circulación se reanude cara finais da semana próxima
Obras de pavimentación na Praza do Regueiro en A Illa. DS
photo_camera Obras de pavimentación na Praza do Regueiro en A Illa. DS

A Praza do Regueiro quedará a partir de luns día 27 de febreiro totalmente cortada ao tráfico ao comezar as obras de pavimentación do tramo que queda pendiente. As previsións de Luis Arosa, concelleiro de Servizos, é que estes traballos conclúan cara finais de semana polo que é posible que o venres próximo se reanude o tráfico no entorno da praza.

Ata agora a lugar tiña un corte parcial de tráfico a causa do formigonado de parte da superficie, con desvíos provisionais a través de rúas aledañas; e agora a prohibición de estacionamento exténdese a todo o entorno. “Exactamente igual que durante as Festas do Carme; serán catro ou cinco días como máximo nos que a Praza quedará totalmente inaccesible para o tráfico rodado”. O concelleiro de Servizos pide paciencia aos usuarios deste entorno e lamenta as molestias que esta obra poida estar ocasionando pero engade que é “totalmente imprescindible para darlle un pulo importante a estes traballos que están xa na súa recta final”.

De feito, na praza instalaronse xa elementos de xogo incluidos no proxecto, que contempla un parque con diversas áreas, unha infantil para a poboación máis nova e outra con aparatos de exercicio para as persoas de máis idade. No mesmo ámbito acondicionarase unha pista polideportiva pensada para a mocidade xa que a idea desta reestructuración é crear un espazo de encontro interxeracional. Por elo, a mesma praza acolle tamén unha zona de uso cultural con cabida para as Festas do Carme.

A eliminación das barreiras arquitectónicas, os pasos peonís sobreelevados e reductores de velocidade fan confiar ao goberno local que a renovada Praza do Regueiro converterase nun revulsivo para o comercio de proximidade e a dinamización de todo o ámbito, xa que ese é precisamente o obxectivo desta actuación urbanística acometida a través do programa ReacPon da Deputación de Pontevedra, cun investimento de 1,5 millóns de euros.