O Concello destinará 173.479 euros á reordenación da rúa Castriños

A actuación recolle a sustitución do pavimento, a renovación dos servizos de fecais e abastecemento e o soterramento do cableado
Rúa Castriños en A Illa de Arousa. CEDIDA
photo_camera Tramo da rúa Castriños no que se vai actuar. CEDIDA

O Concello de A Illa acometerá con cargo ao Plan Concellos unha nova actuación de reordenación e seguridade do tráfico no rueiro municipal, concretamente no tramo da rúa Castriños que enlaza coas rúas Aransa e Bouzas.

A subvención, de 173.479,22 euros, permitirá sustituir o actual pavimento da calzada, deteriorado e con baches que xeneran inseguridade tanto para o tráfico rodado como para os peóns, por un novo firme de formigón en todo o vial afectado, cunha superficie total de 863,16 metros cadrados.

As obras a executar consisten na reordenación dos pavimentos existentes na rúa Castriños, coa renovación da capa de rodadura. Aproveitando o levantamento da calle o Concello acometerá tamén a renovación dos servizos de fecais e de abastecemento de auga, ademáis de facer un novo colector de pluviais para evitar que as augas da chuvia contribúan ao deterioro do pavimento. O proxecto contempla tamén a canalización dos servizos de enerxía eléctrica, alumeado público e telecomunicacións. Finalmente realizarase o pintado da nova distribución de estacionamento.

O concelleiro de Servizos, Luís Arosa, recoñece que era urxente reordenar a seguridade peonil neste vial, que acumula un visible desgaste. “Esta actuación permítenos avanzar no noso proxecto global de transformación das superficies públicas para gañar espazo e seguridade para as persoas. Nesa liña van todas as actuacóns que estamos a acometer”.