A Praza do Regueiro terá autosuficiencia enerxética a través da instalación de 15 panéis solares

Irán colocados sobre unha edificación de 35 metros cadrados que dará cabida a un quiosco e dous baños públicos, accesibles e gratuitos
Construcción do futuro quiosco da Praza do Reguiero en A Illa de Arousa. CEDIDA
photo_camera Construcción do futuro quiosco. CEDIDA

A reforma da Praza do Regueiro inclúe unha edificación de 35 metros cadrados que dará cabida a un quiosco e dous baños públicos e que estará dotada de 15 paneis solares, suficientes para converter o entorno en autosuficiente enerxéticamente.

Estas placas, ademáis de abastecer a demanda de funcionamiento da edificación, aportarán enerxía suficiente para o alumeado público de toda a praza e mesmo para o sistema de bombeo de augas residuais situado no entorno e que agora funcionan con dous contadores paralelos.

“En días como os desta semana a Praza do Regueiro estará iluminada de noite a coste cero e tampouco haberá consumo eléctrico para o funcionamento do quiosco nin dos baños. Esta vai ser una praza sostible”, explica Luis Arosa, que considera que a dotación de dous baños públicos, totalmente accesibles e gratuitos, é outra das vantaxes que esta reforma, financiada pola Deputación de Pontevedra, terá para a cidadanía da Illa de Arousa.

O funcionamento dos baños públicos estará ligado á concesión do quiosco, que sairá a licitación tralo remate das obras e cunhas bases que recollerán as obrigas do adxudicatario en canto a limpeza e horarios.