A Deputación leva a Cambados a representación de 'As bombas e o xeneral'

A función terá lugar este martes 24 de outubro ás 19.00 horas no Auditorio Municipal con libre entrada ata completar aforo
Representación de 'As bombas e o xeneral'. DS
photo_camera Representación de 'As bombas e o xeneral'. DS

O Auditorio Municipal de Cambados acolle este martes 24 de outubro a obra As bombas e o xeneral, un espectáculo de Tanxarina Títeres que chega no marco do “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 19.00 horas e a entrada será libre ata completar aforo.

No espectáculo recréase con siluetas animadas, música e actores a historia dun xeneral que quere organizar unha guerra e, para iso, conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos, sabedores das intencións do militar, deciden fuxir a un lugar mellor, frustrando as intencións do seu xefe. A obra de Tanxarina Títeres, pensada para un público infantil e familiar, aborda este tema de actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias.