Ravella adquire unha remesa de bancos e papeleiras a distribuir pola cidade

O maior número deles complementará o mobiliario urbano dos parques do Piñeiriño e de Celso Emilio Ferreiro ▶ Tamén se colocarán elementos no Paseo Marítimo, en Carril, Desamparados e Doutor Tourón

O Concello de Vilagarcía deu luz verde á actuación este luns. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera O Concello de Vilagarcía deu luz verde á actuación. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Vilagarcía vén de adquirir unha nova remesa de bancos e papeleiras para complementar o mobiliario urbano en distintas zonas de esparexemento do municipio. Cun investimento de 17.800 euros compráronse 24 asentos e 5 papeleiras coas que atender peticións veciñais e tamén paliar algunhas carencias detectadas polos servizos municipais no que ao mobiliario urbano se refire.

O maior número de elementos irán destinados ao parque do Piñeiriño (onde se colocarán 10 bancos e 4 papeleiras) e á zona de recreo de Celso Emilio Ferreiro (6 elementos). O resto do material adquirido repartirase entre o Paseo Marítimo, Carril, Desamparados e a praciña habilitada na avenida Doutor Tourón, á altura das torres de Caixanova.

Esta última actuación complementa ás levadas a cabo anteriormente, tanto a través das obras de humanización de rúas que incluían xa a instalación de bancos e papeleiras.