As festas da auga e da ameixa, e o combate naval, citas ineludibles

Os tres eventos, ademais dos restantes, acollerán a milleiros de veciños e visitantes que encherán a cidade ó longo de toda esta semana festiva
Fiesta del agua. RAFA FARIÑA
photo_camera Edición pasada da Festa da auga. RAFA FARIÑA

Ademais dos numerosos concertos, actividades de humor, infantís e relixiosas na honra de San Roque, as a programación lúdica de Vilagarcía destacará nos vindeiros días por tres actividades multitudinarias: a Festa da Auga, o Combate Naval e a Festa da Ameixa de Carril.

A primeira das actividades, que cada ano vai a máis e asistencia de público, é a Festa da Auga, que se celebrará o mércores, festividade de San Roque. A xornada comezará ás 11.45 horas co traslado da imaxe do patrón desde a Igrexa Parroquial ata a Capela de San Roque.

Neste sentido, o Concello resalta que é indispensable que se agarde a utilizar a auga ata que comece a festa, sempre unha vez que a imaxe do santo xa estea no interior de capela. Iso será aproximadamente ás 12.00 horas, e desenvolverase na denominada zona húmida, un espazo delimitado para que todos os asistentes poidan gozar da festa se causar molestias no resto da cidade.

Caldeiros e globos

Comezará coa lectura do pregón desde un camión grúa e a continuación será o momento de mergullarse na auga. Agárdase a asistencia de milleiros de persoas polo que se pide o máximo respecto e responsabilidade para evitar calquera incidencia, xa que tamén facilitará a máxima diversión de todos.

O Concello pon énfase en que, seguindo a liña iniciada o ano pasado de tratar de voltar ás orixes da celebración, "para que a vivamos co espírito e do xeito co que se celebraba entón, limitarémonos a botar auga dende os balcóns e a pé e terra con pistolas de auga, globos e outros artefactos que nos permitan mollarnos uns aos outros", tal
como explicou o alcalde.

En base a isto, e xa como aconteceu na pasada edición, prescindirase dos camións cisternas e de recorrer ás bocas de incendios co obxectivo de reducir o consumo de auga e crear un evento axustado aos criterios actuais de sustentabilidade e respecto ao medio ambiente.

A diversión, a pesar destas modificacións está máis que asegurada, polo que Vilagarcía agarda a milleiros de visitantes, que se sumarán a moitísimos veciños que tamén gozarán dunha festa especialmente refrescante e divertida. Ademais, o Concello lembra que se habilitará un Punto Lila para tentar garantizar a máxima seguridade.

O sábado 19 terá lugar outra das actividades máis atractivas do programa e que todos os anos achega a Vilagarcía a milleiros de visitantes. Será o tradicional Combate Naval nas praias da Concha e Compostela.

Trátase dun evento pirotécnico único en Galicia e con máis de 150 anos de historia. Concretamente, rememora o asedio das tropas españolas ao Callao, no Perú, no ano
1866. Será media hora de espectáculo con fogos artificiais acuáticos e aéreos, que rematará, como é habitual, co sempre celebrado combate entre os barcos e o castelo.

Festa da Ameixa

O domingo 20 celebrarase a Festa da Ameixa de Carril, un evento declarado de Interese Turístico de Galicia e que se recupera este ano e que promociona o famoso e inigualable bivalvo da vila vilagarciana, de gran sabor e prestixio en todo o territorio nacional.

Ás 11.30 horas terá lugar a recepción das autoridades, membros da Orde da Ameixa de Carril e as confrarías gastronómicas e enófilas. O actor Víctor Fábregas
procederá á lectura do pregón ás 12.00, dando paso á degustación popular ata entrada a noite, acompañada de numerosas actividades e actuacións musicais, pechando
o programa un concerto do grupo Broken Peach ás 21.30.

A mesma hora sairá a Batalla de Flores, con oito carrozas, música e animación de rúa, desde a Estación de Autobuses ata a Praza de España, que tamén contará con milleiros de espectadores.